Programa Re-Coñecéndonos

| Meses de abril e maio. 2024
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño

Programa Re-Coñecéndonos

Organizan: Concellería de Sanidade e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia


O Concello do Porriño e a Asociación Érguete animan o alumnado dos seus institutos a “recoñecerse”. O Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX, levará a cabo o primeiro bloque do Programa Re-Coñecéndonos, programa de promoción da saúde que terá lugar ao longo dos meses de abril e maio de 2024.

Volvemos a apostar por un programa de prevención de condutas adictivas co alumnado de 3º da ESO dos institutos do Porriño e Mos que se levará a cabo coa Asociación Érguete.

Tratarán de rachar cos mitos que rodean o alcol, o tabaco, o cigarro electrónico ou vaporizador, as bebidas enerxéticas e o cánnabis.

Moitas veces, para previr unha adicción, e saber dicir que non, hai que recoñecer os mitos e mentiras que rodean determinadas substancias e prácticas. O Concello do Porriño volve colaborar coa Asociación Érguete para rachar estes mitos co Programa de intervención “Re-Coñecéndonos.
Desde o Concello destacamos que este programa proporcionará información veraz, obxectiva e axeitada aos mozos e mozas para axudarlles a identificar o consumo de drogas como causa de dependencia, a coñecer as características das principais drogas consumidas de forma obxectiva e realista e contrastar a información que teñen sobre o consumo destas substancias coa evidencia científica.

O programa consta de catro sesións nas que se falará dos “conceptos chave sobre adiccións e substancias máis empregadas, de alcol, bebidas enerxéticas, tabaco, cigarros electrónicos ou vaporizadores e do cánnabis. “Os/as participantes coñecerán as realidades e os mitos asociados a cada unha destas substancias”, explica a Concelleira de Sanidade, Teresa Veloso Castaño.


Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada o noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.


Programa Re-Coñecéndonos


Cabecera-web-ecultura.png