| Venres 22 de marzo. 2019
| De 18:00 a 21:00 h.
| Parque infantil » ver mapa
| Organiza: OMIX do Porriño
Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:
[VENRES 15] [> VENRES 22 <] [VENRES 29]
Programa “Vive a Cultura Urbana”
Presentamos “Vive a Cultura Urbana”, un programa de ocio activo dirixido á mocidade (+11 anos) e organizado en dous grandes bloques culturais;
1. Deportes Urbanos
2. Música e Arte Urbana.
O programa céntrase na Cultura Urbana e ofrece a oportunidade ás mozas e mozos de participar e coñecer ata 12 disciplinas diferentes en formato obradoiro (Breakdance, Parkour, Graffiti, Skate, Slackline, Beatbox, Rap, Dj, Scooter, Street Workout, Roller e Personalización de Gorras), distribuidos en 6 datas, coincidindo coas tardes e noites dos venres dos meses de Marzo, Abril e Maio de 2019 sumando un total de 20 horas de actividade.
As actividades propostas tratan de diferentes obradoiros de iniciación que permiten a participación activa da mocidade sen esixir coñecemento previo sobre ningunha das disciplinas urbanas, xa que o obxecto desta iniciativa é a de ofrecer unha alternativa de ocio saudable e creativa centrada no proceso e na experimentación, ofrecendo así outro xeito de pasar o tempo libre na rúa.
Finalmente preséntase unha última xornada con formato festival, que terá lugar o 3 de Maio e que dará peche ao programa con concertos, sesión Dj e un show de Beatbox.
Programación
As actividades desenvolveranse ao aire libre, sen necesidade de inscrición previa e están dirixidas a mozas e mozos maiores de 11 anos.
Para poder participar nas actividades non é preciso ter ningún coñecemento previo nin dispoñer de material ou equipamento concreto, só é preciso achegarse ao emprazamento 10 minutos antes da hora de inicio das actividades.
LOCALIZACIÓN: Instalacións da Pista Deportiva anexa ao parque infantil de Porriño.
Se a actividade non se pode levar adiante debido a motivos meteorolóxicos que impidan ou dificulten o óptimo desenvolvemento da mesma, a actividade prevista posporase e realizarase en conxunto coa seguinte actividade programada no calendario.
22 DE MARZO
STREET WORKOUT PARK MÓBIL
Montaxe dun parque de barras adecuado para a práctica das disciplinas de StreetWorkout e Parkour, que consta de 1 módulo central en forma de cubo e 2 satélites laterais. O parque permite ser ampliado con diferentes configuracións e engadidos. A estrutura é estable e segura, formado por pezas de aceiro galvanizado de alta resistencia con tubos de 42cm de diámetro e 2,6mm de espesor e anclaxes tubulares industriais sen pezas saíntes e con acabado redondeado, que soportan cargas de 250Kg.
OBRADOIRO DE SLACKLINE
Nete obradoiro achegarémonos ao mundo da corda frouxa (slackline), experimentaremos a sensación de desprazarnos sobre un soporte móvil en suspensión ao mesmo tempo que imos descubrindo diferentes trucos e método.
CONTIDOS:
- Montaxe da cinta de Slackline e normas de seguridade.
- Contacto coa corda e equilibrios básicos sentados.
- Subir e baixar da corda elástica, principios básicos.
- Desprazamentos básicos, o paseo asistido.
- Coñecemento das técnicas básicas do Slackline.
- Breve demostración por parte do monitor especializado.
Ver programación do Programa Vive a Cultura Urbana, mes dos deportes urbanos por días:
[VENRES 15] [> VENRES 22 <] [VENRES 29]