Desde a concellería de Cultura do Concello do Porriño, informamos que se adían as dúas proxeccións que se tiñan previstas; a deste venres 29-01 e a do 11-02, debido ao nivel de restrición máxima no que entraremos desde o 27 de xaneiro ata o 17 de febreiro, segundo a decisión tomada pola Xunta de Galicia.
Pola mesma razón, tamén se pecha ao público a Biblioteca Municipal e a Sala de Estudo, durante as mesmas datas.
Todas estas medidas quedan supeditadas ás decisións das Autoridades Sanitarias.
Decora a túa máscara hixiénica [ + info ]
Do 20 de xaneiro ao 8 de febreiro 17 de febreiro (prazo ampliado) • Mostra no vestíbulo do Centro Cultural Municipal Mostra online
EVENTO ADIADO, ATENDENDO ÁS LIMITACIÓNS IMPOSTAS POLA XUNTA DE GALICIA FRONTE Á PROPAGACIÓN DA COVID-19
Ciclo Cinema, Dirección de Mulleres. Proxección do filme: “Planes para mañana”
[ + info ]
Organiza: Rebobina Asociación Cultural
Colabora: Concello do Porriño e Biblioteca Municipal
Venres 29 de xaneiro • Ás 19:00 h. • Centro Cultural Municipal • Aforamento máximo de 50 persoas • Inscrición previa