Protagonistas… as mulleres no cinema e no activismo: presentación da película “El proxeneta. Paso corto, mala leche” + coloquio coa directora Mabel Lozano

| Mércores 13 de marzo. 2019
| Ás 19:30 h.
Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar aforo

Protagonistas... as mulleres no cinema e no activismo: presentación da película "El proxeneta" + coloquio coa directora Mabel Lozano


Incluído no programa conmemorativo do Día Internacional da Muller.

Estreo en Galicia da película “El Proxeneta. Paso corto, mala leche” de Mabel Lozano. A directora de documentais, actriz e activista Mabel Lozano estará no Porriño participando na presentación da película e no coloquio posterior.


El Proxeneta


El Proxeneta

Título orixinal: El proxeneta. Paso corto, mala leche
Ano: 2018
Duración: 78 min.
País: España
Director: Mabel Lozano
Guion: Mabel Lozano
Fotografía: Rafa Roche
Xénero: Documental
Produtora: Mafalda Entertainment / Atlantia Media Producciones


Sinopse:

Documental que retrata a verdadeira historia do que hai detrás dos prostíbulos da man dunha testemuña privilexiada, Miguel, alcumado “El Músico”, un ex proxeneta que confesou con todo luxo de detalles como evolucionou o negocio da prostitución en España desde finais dos anos oitenta ata hoxe, co negocio da trata.

El proxeneta” mostra un mundo, oculto á sociedade, de sexo, corrupción, asasinatos, trata de seres humanos, lavado de diñeiro, secuestros, extorsións.

A historia real de feitos probados en sentenzas firmes sobre os máis importantes proxenetas do noso país, sobre o crime organizado que move os fíos da prostitución.



Cabecera-web-ecultura.png