Proxección do filme documental: As silenciadas. Conmemoración do 90 aniversario da II República

| Sábado 17 de abril. 2021
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Aforo restrinxido por protocolo covid
| Inscricións do luns 12 ao venres 16 de marzo, ás 00:00 horas, a través do correo: cultura@oporrino.org

Proxección do filme: As silenciadas

Desde a Concellería de Cultura organízase a proxección do filme documental “As silenciadas”, dentro dos actos previstos para a conmemoración da II República.


Inscricións para a asistencia á proxección

Desde o luns 12 ata o venres 16 de abril, ás 00:00 h., as persoas asistentes terán que enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@oporrino.org indicando o nome, apelidos, teléfono de contacto e como asunto “As silenciadas”, para facer reserva dunha cadeira o día da proxección do filme, levando control do aforamento e poder contactar en caso de que xurda algún gromo da Covid-19.

A inscrición está unicamente destinada a persoas adultas, debido ao contido desta película.

No caso de non completarse aforamento coas reservas enviadas ao correo electrónico, completarase coas persoas que se acheguen o día da proxección, recollendo, igualmente, os datos de nome, apelido e teléfono de contacto.



As silenciadas

Título orixinal: As silenciadas
Ano: 2010
Duración: 66 min.
País: España
Directora: Pablo Ces
Guion: Aurora Marco, Pablo Ces
Música: Pilo Sierra, Kilo Reimúndez, Xacobe Lamas
Fotografía: Michel Abramowicz
Xénero: Documental


Sinopse:
As silenciadas é un documental histórico que recupera historias de vida, inseridas no seu contexto, de numerosas mulleres que andaron na clandestinidade ou apoiaron desde a chaira o movemento guerrilleiro. Por defendelo, foron duramente represaliadas: morte, cárcere, tortura física e psicolóxica, exilio… O seu papel foi fundamental na supervivencia deste movemento de resistencia e cómpre coñecelo.



Proxección do filme: As silenciadas


Cabecera-web-ecultura.png