Proxección do filme: “Trote”, de Xacio Baño

| Venres 27 de novembro. 2020
| 1º pase ás 18:30 h. / 2ª pase ás 20:30 h.
Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Inscrición previa a través do correo: cultura@oporrino.org. Do 23 ao 26 de novembro. Aforo limitado a 30 persoas.

Proxección do filme: "Trote", de Xacio Baño

Trote é un filme galego do 2018, dirixido por Xacio Baño, sendo a súa primeira longametraxe. O filme conta o rol da muller como coidadora que non atopa o xeito de saír dun ambiente opresivo.

Na 17ª edición dos Premios Mestre Mateo, acadou os seguintes  galardóns:

  • Mellor actriz: María Vázquez
  • Mellor actor secundario: Federico Pérez
  • Mellor actriz secundaria: Melania Cruz
  • Mellor guión: Xacio Baño e Diego Ameixeiras
  • Mellor fotografía: Lucía Catoira Pan

Incricións para a asistencia á proxección

Enviar un correo electrónico ao enderezo cultura@oporrino.org aportando os seguintes datos:

  • Nome e apelidos da persoa asistente
  • Teléfono de contacto
  • Pase ao que asiste:
    1º Pase, ás 18:30 horas.
    2º Pase, ás 20:30 horas.

Prazo de inscrición: do luns 23 ao xoves 26 de novembro de 2020.
A inscrición farase por orden de chegada do correo electrónico.
O aforo está limitado a 30 persoas.



Título orixinal: Trote
Ano: 2018
Duración: 83 min.
País: España
Director: Xacio Baño
Guion: Xacio Baño e Diego Ameixeiras
Fotografía: Lucía Catoira Pan
Produtoras: coproducción España-Lituania; Frida Films, Ciobreliai
Xénero: Drama


Sinopse:
A acción transcorre durante a fin de semana da rapa das bestas, mentres a aldea comeza a preparar os festexos. Carme é unha muller da aldea que vive a carón do seu pai, Ramón, e da súa nai doente. A comunicación co seu pai é case inexistente. O seu traballo, nunha panadaría, e a súa vida nun ambiente abafante fan que medre a necesidade de fuxir, mais as súas circunstancias nunca llo permitiron. Por outra banda, o seu irmán maior Luís volve a casa por uns días na compaña da súa parella María.



Proxección do filme: "Trote", de Xacio Baño


Cabecera-web-ecultura.png