Proxección do filme “Visións” + charla con Claudia Brenlla. Proxecto Cinema e Muller

| 17 de marzo. 2017
| Ás 19:00 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa

Cinema e muller

A Deputación de Pontevedra lanza o proxecto “Cinema e muller” coa vontade de visibilizar as creadoras do audiovisual e fomentar así unha maior participación das mulleres na creación da cultura e da arte.

A iniciativa inclúe varias accións, o mapeo de mulleres realizadoras vinculadas á provincia, a organización dunhas charlas sobre cinema e xénero, unha mostra de cinema galego e a estrea dunha película colaborativa realizada por dez cineastas.

O cinema feito en Galicia atravesa un bo momento e está a obter recoñecementos nos festivais internacionais independentes, de xeito que xa se fala do Novo Cinema Galego como un movemento de vangarda. Neste agromar do audiovisual os filmes creados por mulleres presentan unha especifidade propia, que se manifesta nun discurso da diferenza ou da diversidade e na intersección coa arte. Trátase dun cinema que se atopa cómodo preto da obra de autora, do experimental e do documental comprometido.

“Cinema e muller” é un exemplo do que se pode facer para fomentar a construción de discursos narrados por mulleres. Porque se a linguaxe constrúe o mundo, e o audiovisual é unha linguaxe que hoxe sabemos esencial, ás mulleres quédalles por definir unha boa parte da súa historia. A realidade é que sen creadoras o imaxinario audiovisual propio das mulleres se atopa amputado, silenciado, desexando pronunciarse para achegar ao cinema a súa voz e para crear unha sociedade máis xusta.

Máis info sobre o proxecto Cinema e Muller na súa páxina web » ligazón externa


Patrocinio Deptación de PontevedraCabecera-web-ecultura.png