Proxecto Eco Youth. “Conciencia ecolóxica: ferramentas dos medios para a participación e o impacto en Nampula (Mozambique)”

| Do 13 ao 23 de xuño. 2022
Proxecto Eco Youth

Organizan: Concellería de Educación, OMIX e o Departamento de Urbanismo do Concello do Porriño, conxuntamente co IES Ribeira do Louro


ECOYOUTH – Empowering Youth for Ecological Transition é un proxecto aprobado dentro do programa europeo Erasmus+ que se centra no fomento da sostibilidade entre a xuventude para crear unha sociedade cuns ideais acordes co futuro que se espera, nun contexto de emerxencia climática. A prioridade principal deste proxecto é a formación da xuventude en materia ambiental, e para isto establécense dous eixes fundamentais: a formación de mozas e mozos, así como a das persoas que traballan con elas/eles.

Como parte do proxecto “Empoderamento da mocidade para facilitar a transición ecolóxica” (cofinanciado polo proxecto Erasmus + da UE) , está previsto un intercambio xuvenil en Mozambique, no que haberá 30 participantes dos países socios no proxecto (España, Portugal, Cabo Verde e Mozambique).

Co título de “Conciencia ecolóxica: ferramentas dos medios para a participación e o impacto en Nampula (Mozambique)”, realizarase entre Nampula e Maputo do 13 ó 23 de xuño.

  • Delegación española que viaxará a Mozambique nesta mobilidade:
    Por parte do Concello do Porriño, asistirán 4 mozas e dúas persoas de apoio, Rafael Alonso Lago e Noelia de la Fuente Pérez, persoal delegado neste proxecto pola Concellería de Proxectos Europeos do Concello.
  • Por parte do IES Ribeira do Louro, Amador Ordoñez Puime y F. Raquel Castro Martínez en calidade de profesorado de apoio de 2 mozos e 2 mozas.

Os 8 mozos/as participantes son alumnos do IES Ribeira do Louro do Porriño e do CIFP A Granxa de Ponteareas.

Este intercambio de mozos/as ten como obxectivo fomentar a posta en marcha de campañas de concienciación ambiental, combinando unha análise crítica cunha estratexia de medios coidadosamente planificada.

Proxecto Eco Youth


Máis info na páxina web do proxecto
[ + info » ligazón externa ]


Cofinanciado polo proxecto Erasmus + da UE

Cabecera-web-ecultura.png