Proxecto Eco Youth. Mobilidade de mozas e mozos ao Porriño

| Do 18 ao 22 de abril. 2022
Proxecto Eco Youth

Organizan: Concellería de Educación, OMIX e o Departamento de Urbanismo do Concello do Porriño, conxuntamente co IES Ribeira do Louro


ECOYOUTH – Empowering Youth for Ecological Transition é un proxecto aprobado dentro do programa europeo Erasmus+ que se centra no fomento da sostibilidade entre a xuventude para crear unha sociedade cuns ideais acordes co futuro que se espera, nun contexto de emerxencia climática. A prioridade principal deste proxecto é a formación da xuventude en materia ambiental, e para isto establécense dous eixes fundamentais: a formación de mozas e mozos, así como a das persoas que traballan con elas/eles.

As dúas primeiras mobilidades enmarcadas no proxecto centráronse na formación de traballadoras/es relacionados coas persoas máis novas e tiveron lugar en Lisboa (Portugal) e Mindelo (Cabo Verde). No Porriño comeza a etapa de formación da xuventude.

O evento do Porriño formará parte, xunto con outro evento de formación en Mozambique, dunha estratexia de formación de mozas e mozos en materia de ecoloxía e sostibilidade.

O Concello do Porriño a través da Concellería de Educación, a OMIX, e o Departamento de Urbanismo, conxuntamente co IES Ribeira do Louro, organizan e levarán a cabo unha serie de actividades nas que inclúen a visita á EDAR de Guillarei e ETAP Os Valos o que inclúe un ciclo de relatorios sobre residuos, ciclo integral, depuración…, sendeirismo pola contorna do Porriño e visitas aos muíños na parroquia de Cans, ao faro de Budiño…, seminarios e obradoiros impartidos por persoas expertas na materia que colaboran co proxecto, e visitas culturais e patrimoniais varias.

Para este evento cóntase coa presenza de socias/os da Universidade de Cabo Verde, en concreto alumnado e profesorado da Facultade de Educación e Deportes; desde Portugal participará a asociación medioambiental ASPEA; de Mozambique, contarase con membros da ONG ASEJANA e, dende O Porriño, participará alumnado e profesorado do IES Ribeira do Louro.


Programa do evento

Botón descarga o documento


Máis info na páxina web do proxecto
[ + info » ligazón externa ]


Cabecera-web-ecultura.png