Proxecto Eco Youth

Proxecto Eco Youth

O Concello do Porriño promove e coordina o proxecto Eco Youth, financiado con fondos da Unión Europea. Trátase dunha iniciativa participada polo I.E.S. Ribeira do Louro, pola Universidade de Cabo Verde e por asociacións de Mozambique e Portugal. “EcoYouth” ten como obxectivo promover o empoderamento da mocidade na loita contra o cambio climático nos países participantes no proxecto.


Desenvolvemento de Capacidades de Mocidade en países ACP, América Latina e Asia

Nun contexto global onde a transición ecolóxica está a converterse nunha urxencia, é de suma importancia desenvolver novas iniciativas para contribuír a cambiar os patróns no noso impacto ambiental. Ademais das medidas implementadas a nivel de políticas, as persoas teñen un papel crave para reverter o aumento das emisións e a contaminación xeral que están a conducir a unha situación de emerxencia climática, como declarou recentemente a UE.

Neste contexto exposto anteriormente, o obxectivo do proxecto é analizar a nivel comunitario e individual nosos propios puntos quentes e, a través da educación ambiental, tratar de xerar conciencia e implementar accións coordinadas que faciliten a transición ecolóxica. Así, ao redactar a proposta do proxecto, identificaramos as seguintes necesidades / problemas:

  • Existe unha falta de educación ambiental científica, o que posibilita a asunción de mitos ecolóxicos que se toman como verdade, o que implica tomar decisións desinformadas a nivel individual.
  • Os mozos son a xeración máis preocupada no que respecta ao quecemento global e as prácticas respectuosas co medio ambiente. É por iso que os mozos son clave para liderar a transición ecolóxica, actuando como axentes sociais e involucrando a toda a comunidade neste cambio.
  • Dentro dunha economía global e un mundo cada vez máis conectado, as accións e as súas consecuencias están conectadas globalmente. Os países do Norte e do Sur deben incorporar unha estratexia conxunta para promover o desenvolvemento e, ao mesmo tempo, ser respectuosos co medio ambiente. É así que a cooperación entre países é fundamental para ter un impacto significativo, promovendo a transferencia de coñecemento e avogando por prácticas e estándares sostibles comúns.

Obxectivos específicos

  • Implementar unha metodoloxía para analizar a estado da arte ambiental a nivel rexional e desenvolver un mapeo significativo.
  • Elaborar un manual de boas prácticas para particulares, institucións públicas e industrias e empresas privadas.
  • Elaborar unha análise comparativa entre as rexións participantes para identificar boas prácticas e implementar unha transferencia de coñecemento nesas áreas de especialización entre os socios.
  • Sensibilizar aos diferentes sectores da sociedade sobre os desafíos ambientais e involucrar a toda a comunidade en medidas ecolóxicas para mitigar o cambio climático.
  • Empoderar ás institucións locais e as ONG’ s para atopar oportunidades para desenvolver proxectos e políticas ecolóxicas a través de financiamento europeo, nacional e internacional, mellorando a cooperación.

Unha delegación municipal desprazouse a Cabo Verde para participar nunha serie de sesións de traballo do proxecto “EcoYouth”. A delegación do Concello estivo encabezada por Lourdes Moure, concelleira de Educación e integrada por Noelia de la Fuente, responsable da OMIX de Porriño e Rafael Alonso, enxeñeiro municipal.

Durante a primeira xornada de traballo, a delegación porriñesa asistiu aos traballos de repoboación forestal e limpeza de praias na illa de Sao Antón realizados pola poboación autóctona en colaboración con dúas asociacións locais sen ánimo de lucro, Amupal e Luipa. A conselleira Lourdes Moure Varela, conxuntamente con outros xefes das distintas delegacións, fai entrega da maior parte do material didáctico facilitado polo Concello.

Na segunda xornada da viaxe, a delegación porriñesa participou no “VI Congreso de Educación Ambiental dos Países e Comunidades de Lingua Portuguesa”.

O terceiro e último día da viaxe, acolleu a reunión de traballo final de todos os socios do proxecto “EcoYouth”. A delegación municipal participou xunto cos profesores que representaron ao IES Ribeira do Louro e con portavoces da Universidade de Cabo Verde e das asociacións ASEJANA, de Mozambique, e ASPEA, de Portugal.

Tomáronse decisións relevantes no que atinxe ao proxecto que terán continuidade en Porriño, a desenvolverse en 2022.


Máis info na páxina web do proxecto
[ + info » ligazón externa ]


Proxecto Eco Youth

Proxecto Eco Youth

Proxecto Eco Youth


Cabecera-web-ecultura.png