Rally Rías Baixas. 55 Edición

| Sábado 1 de outubro. 2022
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Rally Rías Baixas. 55 Edición

Durante dous días O Porriño será o protagonista nun dos maiores eventos do motor. O primeiro deles o venres, co tramo Gondomar-Porriño ás 18:16 h e a nocturna ás 21 h, e o segundo o sábado, no que acolleremos dous importantes reagrupamentos, ás 12:44 h e ás 17:47 h.

A 55 edición do Rallye Recalvi Baixas promete ser espectacular para os afeccionados ao mundo do motor. A Escuadra recuperou o formato de competición de pasadas edicións do nacional de asfalto; cinco tramos a dobre pasada distribuídos en dúas xornadas e como gran atractivo, a disputa de, polo menos, un deles en horario nocturno. A proba, que é puntuable para a Copa de España de Rallyes de asfalto (CERA Recalvi), arrincará pasadas as 17 horas do venres 30 de setembro co tramo Vigo-Nigrán, con saída nas inmediacións do Monte Alba e chegada a Chaín. Tras completar os 13,76 quilómetros desa primeira especial, os vehículos afrontarán o tramo Gondomar-Porriño. A segunda pasada a esas dous especiais comezará ás 20 horas polo que a maior parte dos vehículos veranse obrigados a acender as súas espectaculares grellas de faros para percorrer o case once quilómetros do tramo que une as vilas gondomareña e porriñesa.

O percorrido do sábado presenta como novidade a diputa dun tramo polas estradas do Concello de Ponte Caldelas. Será a primeira das tres especiais que deberán afrontar os participantes nesa última xornada de competición. A outras dúas levará aos equipos a Fornelos e Salceda.

O máis rápido en completar os 125 quilómetros cronometrados subirase ao caixón máis alto do podium desta 55 edición do Rallye Recalvi Rías Baixas nunha cerimonia de entrega de trofeos que se celebrará ás 19 horas do sábado 1 de outubro na Rúa Policarpo Sanz de Vigo.


Rally Rías Baixas. 55 Edición

Rally Rías Baixas. 55 Edición



Cabecera-web-ecultura.png