| Sábado 28 de setembro • Ás 12:30 h.
| Domingo 29 de setembro • Ás 09:00 h.
| Monte da Risca » ver mapa
O Concello de Porriño e a Federación Galega de Automobilismo organizan o “I Rally Mix Concello de Porriño” que terá lugar os días 28 e 29 de setembro.
A organización do evento correrá a cargo da “Escudería Surco” de Salvaterra do Miño coa colaboración da Federación e co patrocinio do Concello. A proba terá dúas mangas: unha na tarde do sábado 28 e a segunda, na mañán do domingo 29 de setembro.
O traxecto das dúas mangas delimitarase dentro termo municipal. Tendo en conta que un Rally Mix é unha modalidade de competición que se desenrola sobre terreno mixto e que o percorrido da proba non se desvela ata horas antes para imposibilitar os adestramentos, habera unha certa dose de misterio. Ademáis poden participar dende KartCross ata carrozados de todo tipo.