Rallye Recalvi Rías Baixas. 57 edición

| 4, 5 e 6 de xullo. 2024
| A xornada no Porriño será o sábado día 6 de xullo

Rallye Recalvi Rías Baixas. 57 edición

O Rallye Recalvi Rías Baixas celebrarase do 4 ao 6 de xullo. Arrincará coa xa tradicional cerimonia de saída na céntrica rúa Policarpo Sanz de Vigo e a firma de autógrafos dos principais pilotos, a última hora do xoves, e o venres comezará a competición. Pola mañá, os equipos prioritarios disputaranse a orde de saída no tramo cronometrado de clasificación, que terá lugar nas inmediacións do Monte Alba e xa pola tarde celebraranse os dous primeiros tramos, a dobre pasada, dos cinco nos que se poñerá en xogo a vitoria deste “Rías”. Nesa primeira xornada o espectáculo desprazarase á zona norte da provincia, coa especiais de Ponte Caldelas e Cotobade, cunha parada de reagrupamiento na praza de España de Ponte Caldelas entre seccións. Ao finalizar a xornada os vehículos pernoitarán no parque pechado de Policarpo Sanz.

O sábado día 6 o rallye chegará a Chenlo, onde rematará o tramo cronometrado Gondomar-Porriño, á altura da Igrexa de San Xoán. Está previsto que a primeira pasada sexa entre as 11:51 e as 13:51 h, e a segunda entre as 16:03 e as 18:03 h. No centro urbano do Porriño terán lugar dous reagrupamentos dos vehículos participantes, entre as 13:22 e as 15:22 h o primeiro, cunha parada aproximada de 20 minutos; e entre as 16:40 e as 19:00 h o segundo, cuns 35 minutos de parada.

A cerimonia de entrega de trofeos está prevista para as 20 horas dese mesmo sábado no podio situado no centro de Vigo.

Como en edicións anteriores, nas inmediacións da praia de Samil, estarán situadas as asistencias e os parques de traballo dos equipos.

En canto á participación, o comité organizador do rallye espera contar coa presenza de máis de 80 equipos xa que ao atractivo que sempre ten correr esta proba súmase o feito de que o 57ª Rallye Recalvi Rías Baixas será puntuable para os os cinco trofeos monomarca que forman parte do nacional de rallyes; a Clio Trophy Spain de Renault, a Peugeot RallyCup Ibérica, o Desafío Peugeot, a Toyota Gazoo Racing Iberian Cup e a nova copa i20N Rally de Hyundai.



Rallye Recalvi Rías Baixas. 57 edición


Cabecera-web-ecultura.png