| Do 4 ao 6 de xullo Días 3, 4 e 5 de xullo. 2025

O noso municipio será escenario dun dos tramos estrela: Gondomar–O Porriño, con 11,45 km, que se correrá o sábado 5 de xullo. Ademais, no Porriño acolleremos as verificacións técnicas e un dos reagrupamentos oficiais.
Un total de 12 tramos e case 130 km cronometrados. A 58ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas chega con algunhas novidades no seu percorrido, agora que o Supercampeonato de España de Rallyes vive un dos seus momentos máis álxidos no que levamos de tempada. Entre os cambios que presenta este “Rías”, e tal como xa se adiantou, shakedown e tramo de clasificación cambian de emprazamento, recuperando parte do trazado xa empregado en edicións pasadas. O novo percorrido arrincará desde o pavillón de deportes da parroquia viguesa de Bembrive e terminará xunto ao campus universitario. Un trazado todo en subida que, salvo no seu parte intermedia, conta con zonas rápidas. A asistencia remota deste tramo de probas estará situada nos aparcamentos do Centro Cultural Helios de Bembrive, actual sede da escuadra Rías Baixas.
Shakedown e tramo de clasificación ocuparán a atención de equipos e afeccionados durante toda a matinal do venres 4 de xullo, antes de que os participantes regresen ao parque de asistencias de Samil desde onde, a partir das 16:00 horas, tomará a saída o primeiro dos vehículos para afrontar a primeira etapa de competición. Sen cambios con respecto ao visto o pasado ano, a primeira xornada estará composta por dous tramos con dúas pasadas a cada un deles, sen asistencia intermedia: serán as especiais Ponte Caldelas – Barbudo (12,010 km) e Ponte Caldelas – Vilarchán, a máis longa do rallye, con 13,720 km de percorrido.
Tras un último paso pola asistencia de Samil, os vehículos regresarán a partir das 23:38 horas ao parque pechado de Policarpo Sanz onde finalizará a primeira etapa.
O sábado non tocará madrugar pois o primeiro competidor partirá desde o parque pechado ás 10:25 horas da mañá, para afrontar unha segunda etapa cuxa principal novidade será o tramo de O Castro (2,430 km). A Escuadra Rías Baixas recupera esta especial urbana que introduce cambios no inicio do seu percorrido. Partirá desde metade da Rúa Marques Alcedo en sentido descendente para, tras abordar a rotonda do Bicentenario e a parte de Avenida Camelias fronte ao Concello, virar á esquerda e recuperar o trazado xa coñecido deste tramo, subindo ata a rotonda do Castro, baixando polo aparcadoiro de terra, Paseo Cronista Xosé M. Álvarez e Rúa Atalaia, onde estará situada a chegada.
O tramo de O Castro (2,430 km) será o último da segunda sección e o encargado de pechar a 58ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas. Antes, os participantes abordarán as especiais xa coñecidas de pasadas edicións: Vigo – Nigrán (13,100 km), Gondomar – Porriño (11,450 km) e Salceda (12,060 km).
Completado o percorrido e de volta ao podio de Policarpo Sanz, os equipos gañadores aínda terán unha última parada no Paseo de Alfonso XII, xunto á oliveira, onde se situará o coñecido como ‘celebradero’: podio con entrevistas para a retransmisión en directo producida pola Real Federación Española de Automobilismo e que se poderá ver nas súas redes sociais, así como a través de Teledeporte de RTVE, DAZN e a Televisión de Galicia (TVG).
Vigo… e comarca
Un ano máis, Vigo volve envorcarse coa proba puntuable para a máxima categoría nacional dos rallyes. Ademais de tramos e asistencias, Policarpo Sanz volverá ser o punto de partida e chegada da caravana que compón esta proba. O xoves 3 ás 21:00 horas terá lugar a cerimonia oficial de saída desta 58ª edición do Rallye Recalvi Rías Baixas, coa presenza de todos os equipos e autoridades, que repetirán o sábado a partir das 21:30 coa cerimonia de entrega de premios.
Pero a cidade olívica non será o único foco de interese, pois localidades como Ponte Caldelas, O Porriño, Gondomar, Nigrán e Salceda tamén verán pasar a todos os equipos polos seus centros urbanos. Na Praza de España de Ponte Caldelas realizarase o reagrupamiento dos vehículos entre a primeira e segunda pasada aos tramos do venres; en Porriño nas inmediacións do Pavillón de Deportes, levarán a cabo os reagrupamientos entre especiais do sábado mentres que diante dos concellos do resto de concellos (Gondomar, Nigrán e Salceda) faranse, o sábado, controis de paso.
Para non perderse detalle de toda esta información, e todo o relacionado co 58º Rallye Recalvi Rías Baixas, a Escuadra creou unha APP oficial gratuíta da proba. Ademais, todo actualízase na web, www.rallyeriasbaixas.com.

