RAP con Rosalía

| Luns 22 e martes 23 de febreiro. 2021
| Centros de ensino secundario do Concello do Porriño

RAP con Rosalía


O Concello do Porriño súmase á celebración do Día de Rosalía, o próximo 24 de febreiro co fin de homenaxear o nacemento da figura máis relevante da literatura galega no seu 182º aniversario (Rosalía de Castro, 1837-1885).

A OMIX xunto coa Concellería de Cultura farán que nos centros de educación secundaria se escoite a poesía de Rosalía transformada en rap.

RAP con Rosalía; é un proxecto a desenvolver nos centros de ensino secundario do Concello do Porriño durante os días 22 e 23 febreiro do ano 2021, facendo coincidir as sesións coa conmemoración do “Día de Rosalía”, en horario lectivo e nas que poderán participar as mozas/os de 1º ou 2º da ESO.

Estase a falar dunha programación de 4 talleres formativos de Rap en galego, de 90 minutos por sesión, nos que se traballan diferentes recursos didácticos para aprender a escribir e interpretar rimas en galego e con temáticas de interese para a mocidade combinadas con diferentes textos e poesías de, Rosalía de Castro, adaptándoos a ritmos de 4×4 para poder “rapealos” colectivamente sobre unha base musical urbana.

Darase a coñecer o Rap como un estilo musical alternativo rimado que forma parte da cultura Hip Hop e que está estruturado dentro dun compás rítmico 4X4 chamado “base” ou “instrumental” que dá forma a unha composición de estrutura complexa que está dotada dun amplo contido lírico cheo de xogos de palabras de esencia contestataria e reivindicativa.




OMIX

Cabecera-web-ecultura.png