Este luns 1 de xuño abre de novo a Biblioteca Municipal, en horario de 10.00 a 15.00 de luns a venres.
Facémolo con responsabilidade, adoptando as máximas garantías de hixiene e seguridade, (uso de máscara, xel hidro-alcólico distancia de seguridade de 2 metros, acompañamento dos menores de 14 anos, etc.)
Só servizo de préstamo e devolución de exemplares no mostrador de atención (non será necesaria cita previa).
Para a devolución non teñades presa, sen aglomeracións, hai prazo ata o 11 de xuño, e ademais ata mediados de mes aplicaremos unha “amnistía” xeral.