| 9, 10, 11, 12 e 16 de maio. 2023
| Actividade concertada cos centros de ensino do Porriño
Organizan: Concellería de Educación e OMIX do Porriño
Financiado por: Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia
O Concello do Porriño, a través da Concellería de Sanidade e a OMIX, levará a cabo o bloque 4 e 5 do Programa RE-COÑECÉNDONOS a través da actividade Bautismo de Surf, programa de promoción da saúde que terá lugar na primeira quincena do mes de maio de 2023.
A educación para a saúde, ademais de ser un dereito e unha finalidade educativa en si mesma, pertence ao conxunto de eixes transversais como organizadores dos coñecementos que se deben transmitir e divulgar para lograr a formación integral dos futuros cidadáns e cidadás, educados/as en valores relacionados co propio corpo e o seu coidado.
Este programa vai destinado ao alumando dos centros educativos e levarase a cabo na praia de Patos, no concello de Nigrán.
Os/as participantes fan un total de 222 alumnos/as que serán repartidos en distintos grupos nas datas 9, 10, 11, 12 e 16 de maio.
Obxectivos
- Preténdese que o alumnado reflexione sobre a forma que ten de ocupar o seu tempo libre, valore a importancia que ten o lecer para o seu desenvolvemento persoal e social e sexa consciente das alternativas das que dispón, coa finalidade de cumprir cos obxectivos de reflexionar sobre a estreita vinculación entre os consumos xuvenís de drogas e o lecer.
- Analizar o uso que cada un/unha fai do tempo libre.
- Aprender a utilizar o tempo libre como expresión do lúdico e o creativo da personalidade.
- Aproximar a oferta en lecer e tempo libre da zona aos/ás alumnos/as.
- Traballar a tolerancia e cooperación: abordarase de forma implícita o entendemento, o apoio, o respecto mutuo, a coordinación e a cooperación dos/das participantes.
Este programa está financiado pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia a través da subvención otorgada o noso Concello para o cofinanciamento de proxectos de prevención de condutas adictivas promovidos concellos, mancomunidades de concellos ou agrupacións de concellos da Comunidade Autónoma de Galicia.