Obxecto
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño ten por obxecto crear un Rexistro Municipal de Artistas Culturais Locais, coa finalidade de:
- Contribuír ao desenvolvemento da comunidade artística.
- Dar a coñecer e así fomentar a contratación de grupos e creadores/as do Porriño.
Participantes
Poderán inscribirse todas aquelas persoas ou grupos que teñan a súa residencia no Concello do Porriño.
Inscricións
As inscricións faranse de acordo á instancia establecida e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada:
- Fotocopia do DNI.
- Aportación de documentos gráficos en soporte dixital (fotografías, vídeos…)
- Currículo (traxectoria artística) ou memoria explicativa acerca da disciplina artística do solicitante.
No caso de artistas menores de idade, a solicitude será asinada polo pai, nai ou titor/a legal do menor.
Clasificacións
As inscricións rexistradas serán divididas en diversos grupos, segundo as disciplinas presentadas.
Obrigas
- Presentar a solicitude debidamente cumprimentada ademais dos documentos requiridos. Só se procederá á inscrición no Rexistro unha vez que sexa entregada toda a documentación.
- Cumprimentar a documentación con datos reais.
- Informar de calquera modificación nos datos solicitados.
- Darse de baixa no Rexistro cando cese a actividade.
Acceso
Este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder a el todas as persoas interesadas, de forma telemática a través da páxina web do Concello.