Obxecto
A Concellería de Cultura do Concello do Porriño ten por obxecto crear un Rexistro Municipal de Asociacións Locais, coa finalidade de:
- Permitir ao Concello coñecer o número de entidades existentes no seu territorio, coñecer os seus fins e a súa representatividade.
- Fomentar a participación organizada e a vida asociativa no municipio.
- Dar a coñecer e así fomentar o asociacionismo e participación cidadá.
Para quen
Poderán inscribirse todas aquelas asociacións sen ánimo de lucro, legalmente constituídas, previamente inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións correspondente e que teñan a súa residencia no Concello do Porriño.
Como
As inscricións faranse de acordo á instancia establecida e que deberá presentarse no Rexistro Municipal do Concello do Porriño, achegando a documentación solicitada:
- Copia do CIF da entidade.
- Copia dos Estatutos da Asociación.
- Orzamento do ano en curso.
- Programa de actividades do ano en curso.
- Certificación do número de asociados/as.
Obrigas
- Presentar a solicitude debidamente cumprimentada ademais dos documentos requiridos.
- Só se procederá á inscrición no Rexistro unha vez que sexa entregada toda a documentación.
- Cumprimentar a documentación con datos reais.
- Informar de calquera modificación nos datos solicitados.
- Darse de baixa no Rexistro cando cese a actividade.
Acceso
Este Rexistro será público de tal forma que poderán acceder a el todas as persoas interesadas, de forma telemática a través da páxina web do Concello.