| Venres 12 e sábado 13 de abril. 2024
| De 12:00 a 15:00 h e de 19:00 a 23:00 h
| Establecementos hostaleiros da vila

Organizan: Concello do Porriño, Agrupación Apícola de Galicia, Asociación de Apicultores da Provincia de Pontevedra e Ahospor.
Dentro da programación da XXXVI Feira Apícola das Rías Baixas.
O Porriño acollerá o roteiro de petiscos da mel nos días venres e sábado con variedade de petiscos nos diferentes establecementos hostaleiros da vila. Este roteiro forma parte das actividades programadas para a XXXVI Feira Apícola das Rías Baixas.
Ademais, por cada tapa ou cóctel que se consuma, recibirase unha papeleta para participar no sorteo de 2 lotes de produtos galegos de calidade. Lembrade, pedide a papeleta con cada consumición.
ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS PARTICIPANTES
- Ácrono (av./ de Galicia, 8 » ver mapa)
- Argentino 2 (r./ Antonio Palacios, 42 » ver mapa)
- Celtiña (r./ Manuel Rodríguez, 23 » ver mapa)
- Cocoa (r./ Fernández Areal, 20 » ver mapa)
- Cólleo con pinzas (r./ Leandro Diz, 2 » ver mapa)
- Francachela (Praza Central, 2 » ver mapa)
- Liceum (r./ Ramón González, 16 » ver mapa)
- Nómadas (r./ Servando Ramilo, 2 » ver mapa)
- O Carreteiro (av./ Domingo Bueno, 71 » ver mapa)
- Origen (Praza Antonio Palacios, 5 » ver mapa)
- Paso a nivel (r./ Progreso, 1 » ver mapa)
- Pinzas burguer (r./ Parque Infantil, 37 » ver mapa)
- Platinum (av./ Antonio Palacios, 95 » ver mapa)
- Safari (av./ de Galicia, 10 » ver mapa)
- Saspi (r./ Manuel Rodríguez, 13 » ver mapa)
- Sol (r./ Antonio Palacios, 46 » ver mapa)
- Treinta y Tau (Av. Domingo Bueno, 8 » ver mapa)
- Xantar de Pepa (r./ Pío XII, s/n » ver mapa)
XXXVI FEIRA APÍCOLA DAS RÍAS BAIXAS
Toda a programación da XXXVI Feira Apícola das Rías Baixas [ + info ]

