Actualización: nova incorporación ao programa
| Domingo 28 de decembro. 2025
| De 11:00 a 12:00 h
| Rúas da vila (saída dende a praza Arquitecto Antonio Palacios)

O Concello do Porriño xunto coa Territorial de Galicia da Vulcan Riders Association Spain, organizan este roteiro moteiro que terá lugar o domingo 28 de decembro, de 11:00 a 12:00 h, polas rúas da vila. A saída será dende a praza Arquitecto Antonio Palacios e están convidados todos os moteiros e moteiras da vila para percorrer a vila caracterizados de Papá Noel e con motos decoradas, creando un ambiente festivo, familiar e cheo de ilusión.

