Samaín 2023

| Martes 31 de outubro e mércores 1 de novembro . 2023
| Rúas da vila
| Actividade concertada

Samaín 2023

Organizan: OMIX do Porriño e Concellería de Educación


Desde a OMIX e a Concellería de Educación do Concello do Porriño, co gallo do Samaín 2023, convidamos os/as nenos/as de Educación Primaria dos colexios do Porriño, Aceesca e á asociación Afaga, a participar na decoración de calacús, tal e como se vén facendo nestes últimos anos co motivo do Samaín. Este ano a temática é libre e o material decorativo tamén. Non houbo restricións técnicas nin materiais. Os traballos presentados polo alumnado fixeron un total de 514 calacús e na súa decoración participaron un total de 731 alumnos/as.

As cabazas serán recollidas o martes 31 de outubro a partir das 9:00 h en cada centro participante. Unha vez recollidas e colocadas, estarán expostas nas rúas da vila ata ás 23:55 h do 1 de novembro. A partir desa hora as familias que así o desexen poderán pasar a recuperar as súas cabazas.

Por tratarse de pezas perecedoiras, o Concello non se fai responsable da súa integridade. O persoal de limpeza do Concello recollerá os demais traballos o 2 de novembro, e procederá á súa reciclaxe.



Samaín 2023


Cabecera-web-ecultura.png