| Mércores 5 de outubro. 2022
| De 11:00 a 13:00 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Requiere inscrición previa
Concellería de Educación, OMIX do Concello do Porriño e IES Ribeira do Louro
O obxectivo desta actividade é crear conciencia e ensinar sobre hábitos de reciclaxe nas áreas rurais. Ponse o foco nas áreas rurais por ser especialmente vulnerables no que se refire á mala xestión dos residuos, como os vertedoiros ilegais, a falta de coñecemento sobre a reciclaxe selectiva ou a mala xestión da auga. Para este seminario, vaise contar coa intervención dos seguintes seminaristas:
- Moderador: Rafael Alonso Lago. Enxeñeiro Técnico Industrial.
Enxeñeiro municipal do Concello do Porriño e do Consorcio de Augas do Louro. - Reciclaxe: Ana Pazó Calderon. Licenciada en Bioloxía, Mestra Composteira e Técnica de Medio Ambiente da adxudicataria da recollida do lixo Servicios dos Concellos Galegos SL.
- Aforro enerxético: Amador Ordóñez. Profesor no IES Ribeira do Louro. Coordinador do proxecto europeo ECOBUILD – Playing to Ecobuild for learning to protect Environment.
- Xestión da auga: Manuel Viñas Pena. Enxeñeiro forestal. Xefe de servizo de FCC AQUALIA dende o ano 1999, na actualidade Delegado dos servizos de FCC AQUALIA para o Consorcio de Augas do Louro.
ECOYOUTH
Empowering Youth for Ecological Transition
ECOYOUTH – Empowering Youth for Ecological Transition é un proxecto aprobado dentro do programa europeo Erasmus+ que se centra no fomento da sostibilidade entre a xuventude para crear unha sociedade cuns ideais acordes co futuro que se espera, nun contexto de emerxencia climática. A prioridade principal deste proxecto é a formación da xuventude en materia ambiental, e para isto establécense dous eixes fundamentais: a formación de mozas e mozos, así como a das persoas que traballan con elas/eles.