Sesión especial arredor da figura de Castelao, en dialogo coa exposición “Castelao Grafista. Facsímile”

ACTUALIZACIÓN: nova incorporación ao programa

| Luns 17 de marzo. 2025
| De 18:00 a 19:30 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa

Sesión especial arredor da figura de Castelao, en dialogo coa esposición "Castela Grafista. Facsímile"

Organiza: Biblioteca Municipal do Porriño
Coordina: Club de lectura do Porriño


O club de lectura do Porriño conmemora o Ano Castelao nunha sesión especial en aberto centrada no autor rianxeiro, en diálogo coa exposición “Castelao grafista (facsímile)”.

O club de lectura da Biblioteca Municipal do Porriño celebrará o 17 de marzo unha sesión especial arredor da figura de Castelao, en diálogo coa exposición “Castelao grafista (facsímile)”, que o Concello do Porriño acolle no Centro Cultural Municipal ata o 19 de marzo, para conmemorar o Ano Castelao, no 75 aniversario do seu pasamento.

A sesión farase en aberto para calquera persoa interesada en achegarse á figura e á obra artística e literaria de Castelao e facer un percorrido diferente pola mostra, e estará guiada pola coordinadora do club de lectura, Ana Abad de Larriva, quen participara como tradutora no catálogo Castelao grafista. Pinturas, dibujos, estampas. Xa que logo, no encontro, que se celebrará no Centro Cultural Municipal de 18.00 a 19.30 horas, abordarase especialmente a relación entre pintura, ilustración e texto na obra do célebre autor de Rianxo.

A exposición “Castelao grafista (facsímile)” está comisariada por Miguel Fernández- Cid e organizada pola Fundación Gonzalo Torrente Ballester, a Real Academia Galega de Belas Artes e Turismo de Galicia – Xunta de Galicia. Trátase do proxecto máis ambicioso que hai en marcha para dar a coñecer e difundir a obra e o pensamento de Castelao nos cinco continentes. Ademais enmárcase en Cultura por Alimentos, unha iniciativa de Afundación a favor de FESBAL (Federación Española de Bancos de Alimentos).


Travesía artística e literaria

Esta actividade especial, organizada pola Biblioteca Municipal do Porriño e a coordinadora do club de lectura, encádrase dentro da ampla travesía literaria e artística que fai o club, intercalando paradas en portos do contexto máis próximo con achegamentos a peiraos máis afastados, xerando unha cartografía extensa e variada. Despois de recalar na figura de Castelao, o club viaxará a Corea do Sur da man da autora gañadora do Premio Nobel de Literatura na súa última edición, Han Kang, e a súa obra A vexetariana.

Sesión especial arredor da figura de Castelao, en dialogo coa esposición "Castela Grafista. Facsímile"



Sesión especial arredor da figura de Castelao, en dialogo coa esposición "Castela Grafista. Facsímile"


Imaxe web ecultura.net