Showcooking das Xornadas Gastronómicas do Entroido

ACTUALIZACIÓN: CAMBIO DE HORARIO

| Sábado 26 de febreiro. 2022
| Ás 12:00 h 12:30 h
| Praza de abastos do Porriño

Showcooking das Xornadas Gastronómicas do Entroido

Organiza: Concello do Porriño | Colabora: AHOSPOR


O Concello do Porriño quere poñer en valor e dinamizar a praza de abastos municipal. Para iso, levará a cabo unha serie de melloras e iniciativas, a primeira delas este sábado ás 12:30 h.

No marco das “Xornadas gastronómicas do Entroido 2022” celebrarase un un showcooking para destacar a calidade dos produtos que ofrece a praza e incentivar o consumo de produtos frescos e de proximidade.

Na actividade, organizada polo Concello do Porriño en colaboración con Ahospor – Asociación de Hostaleiros do Porriño, elaboraranse varios pratos con produtos propios do mercado que degustarán comensais procedentes do centro social, persoas maiores de 60 anos, e de Aceesca.

O encargado de elaborar o menú, composto por dous pratos, será Marcos Parente, cociñeiro do Restaurante O Carreteiro. Os asistentes poderán degustar un lombo de lubina á plancha sobre tosta de pan de centeno de primeiro e unha preparación de pico de galo de segundo. O postre correrá a cargo de SuperSugar, unha tenda de pastelería artesá situada na praza.

Actividades coma esta son unha boa maneira de promover a praza de abastos e animar á xente a realizar as súas compras nela. É o punto neurálxico do noso comercio e a xente debe coñecer todo o que pode ofrecer.


Xornadas Gastronómicas do Entroido 2022


Cabecera-web-ecultura.png