Sinatura da carta de adhesión ao manifesto: Bibliotecas en Igualdade (2020-2022)

| Xoves 3 de xuño. 2021
| Ás 18:30 h.
Biblioteca Municipal » ver mapa

CARTA DE ADHESIÓN AO MANIFESTO: “BIBLIOTECAS EN IGUALDADE (2020-2022)”

O xoves 3 de xuño formalizarase a sinatura da carta de adhesión ao manifesto: “Bibliotecas en Igualdade (2020-2022)”, un proxecto de Clásicas y Modernas, asociación pola Igualdade de xénero na cultura. En Galicia asinaron: Biblioteca de Verín, de Cangas, Redondela, Universidade de Vigo con todas as súas bibliotecas, Viveiro… e agora tamén estará a Biblioteca Municipal do Porriño.

A nosa biblioteca de sempre foi sensible a moitos dos compromisos que se ratifican con esta sinatura, como por exemplo:

  • Contribuír a dar unha maior visibilidade ás escritoras e as súas obras, en especial ás escritoras galegas.
  • Incorporar ás bibliotecas as publicacións de estudos e investigacións sobre as achegas das mulleres á cultura ao longo da historia.
  • Promover a adquisición de obras de lectura e consulta procurando equilibrio na autoría para reparar o esquecemento e facilitar o acceso ás novidades asinadas mulleres.

Será un acto de aproximadamente 45 min. e intervirán no mesmo: Eva García De La Torre, Alcaldesa do Concello do Porriño; Cami Moreira Fontán, Concelleira de Cultura do Concello do Porriño; Fatima Anllo, presidenta de CYM; Mariana Gilabert, secretaria xeral de CYM; Rosa María Rodríguez, vicepresidenta de CYM; Mariana Carballal, coordinadora de CYM.



Manifesto Bibliotecas en Igualdade

Botón descarga o documento

Biblioteca Municipal do Porriño

Cabecera-web-ecultura.png