Solicitude de uso do piano de cola

Solicitude de uso do piano de cola

Dende a Concellería de Cultura do Concello do Porriño, ofrécese un novo servizo, o préstamo do piano de cola situado no vestíbulo do Centro Cultural Municipal, para ensaios de estudantes de música, opositores ou profesionais do campo musical.


Condicións de uso

  • Dirixido aos cidadáns/as do Concello do Porriño que queiran facer uso do piano de cola situado no Centro Cultural Municipal do Porriño.
    Acreditando:
    1. Un mínimo de estudos relacionados coa música, a través da presentación da matrícula nun conservatorio, academia ou centro especializado ou titulo pertinente.
    2. Manexo do instrumento a través dun vídeo ou enlace onde se mostre a experiencia no uso do piano. (No caso de non poder acreditar mediante estudos).
  • Terán preferencia as alumnas/os da Escola Municipal de Música do Porriño, acreditándoo mediante a presentación da copia da matrícula, ou carta do seu profesor recomendando os ensaios co instrumento.
  • As usuarias/os menores de idade (ata 16 anos) deberán vir acompañadas/os dunha persoa adulta responsable das mesmas/os.
  • O horario do centro para os ensaios será, de luns a venres:
    – De mañá: de 10 a 12 horas.
    – De tarde: de 17 a 19 horas.
  • O tempo máximo de duración do ensaio será de 2 horas por persoa.
  • Poderán ensaiar un máximo de 3 persoas ao día.
  • Queda totalmente prohibido abrir a tapa do piano ou facer un uso incorrecto do mesmo. En caso de dano tomaranse as medidas oportunas facéndose responsable do mesmo a última persoa en utilizar o piano.
  • A solicitude farase a través do correo electrónico do departamento de cultura cultura@oporrino.org indicando en asunto: solicitude de uso do piano, anexando o formulario normalizado e a documentación acreditativa pertinente en cada caso.
  • Os ensaios realizaranse no horario establecido mediante inscrición previa a través do formulario normalizado, despois da resposta afirmativa por parte do departamento de cultura e seguindo ás condicións de uso estipuladas.
  • As datas e horarios do uso do piano por parte das usuarias/os poderán verse alterados ou modificados segundo as necesidades derivadas da programación cultural, avisando dos cambios coa antelación suficiente e a través do correo electrónico do departamento de cultura.

Botón descarga documento de inscrición


Cabecera-web-ecultura.png