| Mércores 12 de agosto. 2026
| A partir das 17:15 h
| Faro de Budiño » ver mapa

Vive o eclipse no Faro de Budiño: sobre a montaña, e co Porriño aos pés.
A programación dará comezo ás 17:15 horas cun roteiro circular polo Monte Faro de Budiño, unha actividade guiada con prazas limitadas que permitirá descubrir os valores ambientais, paisaxísticos e xeolóxicos desta contorna singular.
Ás 18:15 horas desenvolverase un obradoiro infantil, tamén con inscrición previa, no que os máis pequenos poderán participar nunha actividade de pintacaras e na elaboración de chapas conmemorativas inspiradas no eclipse.
Posteriormente, entre as 19:00 e as 19:45 horas, realizarase a entrega de lentes homologadas e material divulgativo para garantir unha observación segura do eclipse, antes do inicio do fenómeno astronómico.
As persoas interesadas en participar no roteiro ou no obradoiro, deberán formalizar previamente a súa inscrición no Rexistro Xeral do Concello do Porriño, de forma presencial ou telemática.
Programa
- 17:15 h: roteiro circular polo Monte Faro de Budiño (prazas limitadas). Punto de encontro: área recreativa do Faro de Budiño.
- 18:15 h: obradoiro infantil (prazas limitadas). Na área recreativa do Faro de Budiño.
- 19:00 h: entrega de lentes homologadas e folleto informativo para a observación do eclipse.
- 19:30 h: observación do inicio do eclipse.
- 20:30 h: momento álxido do eclipse.
Gracias pola súa colaboración á Deputación de Pontevedra, así como a disposición da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común San Salvador de Budiño, que facilita o desenvolvemento da actividade nun enclave privilexiado para a observación deste fenómeno astronómico.


