Soprano in Distress: Ópera Express

| Días 23 e 24 de marzo. 2021
| Horario lectivo
| Centros de educación secundaria do Concello do Porriño
| Actividade concertada

Soprano in Distress


 Soprano in Distress (Soprano en apuros): Ópera Express é unha nova proposta de performance educativa da soprano Esperanza Mara que a Concellería de Educación e a OMIX do Porriño deciden levar a cabo apostando por un formato único, moi creativo e   destinado a un público xuvenil.

Terá varias citas en diferentes centros formativos de secundaria do Porriño, os días 23 e 24 de marzo. 

“Unha soprano ten que demostrar que a ópera é un xénero coa capacidade de reinventarse, pero só pode facelo se o público máis novo lle axuda no seu cometido”.

Este é o contexto do que parte a proposta cultural Soprano in Distress, un novo formato a través do cal a soprano Esperanza Mara aposta pola creación en vivo dun concepto musical colaborativo.

A actividade performativa sérvese dunha relación máis directa e espontánea co espectador. Deste xeito, o alumnado de diferentes centros educativos de O Porriño asistirá á soprano na demostración de que a ópera é un espectáculo do que a xuventude tamén pode ser partícipe dun xeito activo, pasando pola creación musical e a experiencia deste xénero en primeira persoa.

Este formato cultural está pensado para o descubrimento das posibilidades creativas a través da música, fomentando a improvisación do directo e servíndose de recursos e materiais accesibles para calquera das persoas participantes.

Así, preténdese a posta en valor da música como medio de expresión universal (concretamente, aproximando un xénero coma o da ópera, que se supón máis reservado, a un público xuvenil que maiormente o interpreta como alleo).

Cada pase de Soprano in Distress terá por resultado algo único que xurdirá da colaboración entre Esperanza Mara e o público asistente. Así mesmo, o espectáculo ten como engadido o debate sobre as novas tecnoloxías e os xéneros musicais, cunha posta en común sobre o potencial formativo que posúen plataformas tan populares coma TikTok para o redescubrimento de estilos musicais que non teñen de primeiras tantas presenza entre a xente nova. O espectáculo realizarase na súa versión bilingüe, atendendo ás demandas de formación en competencias lingüísticas que ofrecen os centros de ensino participantes.


As datas previstas son o 23 e 24 de marzo, en horario lectivo.

Participantes:

  • CPR. Sto. Tomas
  • CPR. Hnos. Quiroga
  • IES Ribeira do Louro
  • IES. Pino Manso

Total de alumnado participante: 93 alumnos/as. 


OMIX

Cabecera-web-ecultura.png