Suxerencias da Biblioteca Municipal

Suxerencias da Biblioteca Municipal PARA PASAR UNHA CORENTENA

É o momento de quedar na casa. É o único xeito de conter a expansión do virus e protexernos. Sabemos que pode resultar difícil nalgúns momentos, aburrido, incluso agoniante…  pero agora é necesario facelo. Éche o que hai.

Para axudarvos a levalo mellor, a biblioteca non pecha en internet, e traballa ofrecéndovos unha selección de contidos, lecturas e recursos online que de seguro farán máis levadeiro este necesario confinamento.


EBOOKS


  • GaliciaLe: a plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Accede coa túa conta da biblioteca a milleiros de libros, revistas, películas, etc. Para escoller, tes un catálogo en galego e outro en castelán (eBiblio).
  • Planeta de libros: coa iniciativa #KeepReadingEnCasa, a Editorial Planeta libera unha importante colección de bestsellers (público adulto e infantil) para a súa descarga libre e gratuíta. Ademais, organiza diversas actividades relacionadas coa lectura (entrevistas, vídeos, obradoiros…)
  • Roca Editorial: a editorial Roca ofrece decenas de ebooks gratuítos durante a cuarentena, desde a súa páxina web. Hai que baixalos a 0 euros desde Amazon, Casa del Libro, etc.
  • Blackie Books: a estupenda editorial barcelonesa ofrece decenas de libros gratuítos do seu catálogo en PDF (como o “Instrumental” de James Rodhes). A súa iniciativa “Casa Blackie” non ofrece soamente textos senón tamén lecturas e monólogos, obradoiros online e outras actividades, principalmente en Instagram.
  • Random House: a través de Megustaleer.com organiza multitude de eventos relacionados coa lectura (presentacións de libros, charlas, clubs de lectura, etc.) e publica en aberto audiolibros para adultos e público infantil no seu “Kit de lectura semanal”.
  • Errata Naturae: esta magnífica editorial tamén se suma á proposta de ofrecer libros en aberto durante a corentena. Propón decenas de títulos gratuítos de seu coidado catálogo.
  • Kailas Editorial: ofrece cada semana tres ebooks gratuítos para axudar á cidadanía a quedarse na casa.
  • Anagrama: a editorial española ofrece cinco títulos gratuítos do seu extenso catálogo de obras.

INFANTIL


  • Kalandraka Editorial: a coñecida editorial pon en marcha “Contos contados” unha canle de contacontos infantís online, onde se van publicando lecturas de diversos contos tradicionais e historias de albumes ilustrados.
  • Baía Edicións: a editorial Baía publica na súa web contidos online para a súa descarga gratuíta.
  • AEDA: na web da Asociación de Profesionales de la Narración Oral en España teñen un mapa no que atopar centos de recursos de artistas, colectivos, asociacións ou institucións que están a contar ou compartir contos online.
  • Mares virtuales: a iniciativa “Cuentacuentos para una cuarentena” propón Contacontos e relatos curtos dramatizados de boa calidade.
  • Amazon Audible Stories: acceso gratuíto ao seu gran catálogo de audiolibros para nenas e nenos de todas as idades, en seis idiomas diferentes, para escoitar en streaming.
  • Pintar-Pintar Editorial: ofrece multitude de albumes ilustrados gratuítos para público infantil desde a súa páxina web.
  • Orella Pendella: Páxina web para difundir a literatura popular infantil de Galicia e que siga sendo unha ferramenta educativa e de lecer para os/as galegos/as do século XXI. Atoparás multitude de ditos, recitados, cancións, etc. que acompañaron desde hai séculos as brincadeiras dos/as nenos/as ou as relacións entre os membros maiores da familia e os máis pequenos.
  • Julián Marquina: 13 contos infantís gratis para explicar aos peques que é o coronavirus e por que hai que ter coidado.
  • Aulas Galegas: portal educativo realizado por un colectivo de profesoras e profesores que queren ofrecer unha axuda educativa á sociedade durante a pandemia. Publican cada día material clasificado por nivel académico e materia para as etapas de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.

COMIC


  • Editorial Hirukoa: a editorial vasca especializada en cómic e xogos de rol, ofrece para a súa descarga aberta e gratuíta gran parte do seu catálogo de cómic, a través da súa tenda DriveThruComics.
  • Karras Cómics: esta editorial especializada en cómics ofrece todo o seu catálogo de cómics para a súa descarga gratuíta en PDF.
  • Dolmen Editorial: cada día un novo título (ou primeiros capítulos) de forma gratuíta.
  • El Vosque: acceso libre a todos aos cómics de esta webcómic en español guionizada por Morán e debuxada por Laurielle.
  • Vicente Cifuentes: publica en Dropbox as tres entregas do seu cómic ‘Murderville’, un cómic de terror financiado por scrowd-funding sobre un pobo maldito.
  • Astiberri: a editorial vasca publica online e en aberto a colección de historietas breves “Lecturas a domicilio”. 3 tomos para pasar a corentena.

BIBLIOTECAS DIXITAIS


  • El Libro Total: biblioteca dixital gratuíta con máis de 45.000 títulos entre literatura, imaxes e música, coa intención de recuperar o patrimonio cultural da comunidade hispanofalante.
  • Biblioteca Virtual de Literatura Universal en Galego: plataforma da Asociación de Tradutores Galegos que ofrece en galego obras da literatura universal libres de dereitos, para descargar gratuitamente en formato PDF.
  • Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes: plataforma dixital de acceso librea un extenso catálogo coas obras máis destacadas da tradición literaria española e hispanoamericana, ademais de recursos bibliográficos para o seu mellor coñecemento crítico e histórico.
  • Biblioteca Dixital Hispánica: portal libre e gratuíto de documentos da Biblioteca Nacional de España. Libros, manuscritos e documentos de todo tipo e de toda a historia de España.
  • Biblioteca Virtual del Patrimonio Bibliográfico: manuscritos, libros antigos e incunables, fotografías, material cartográfico e partituras.
  • Biblioteca Virtual da Prensa Histórica: contén unha enorme colección de publicacións e prensa histórica española. Máis de 2 millóns de exemplares en acceso aberto e gratuíto.
  • Biblioteca Virtual do Ministerio de Defensa: contén dixitalizacións dos fondos dos museos, arquivos e bibliotecas do Ministerio de Defensa. Tamén se poden ver pezas de museos e documentos sobre as expedicións científicas de España.
  • Europeana: biblioteca dixital europea de acceso libre. Reúne coleccións dixitalizadas de toda Europa (tamén os contidos da colección galega Galiciana e da española Hispana) con libros, xornais, películas, arquivos sonoros, mapas…
  • Biblioteca Dixital Mundial: biblioteca internacional creada pola UNESCO que ofrece de forma gratuíta contidos culturais de todo o mundo a través dos fondos dixitais de ducias de bibliotecas.
  • Biblioteca Dixital Mexicana: documentos históricos e obras relevantes que non atoparás fácilmente notros sitios, como mapas indíxenas das Relacións Xeográficas de 1580 e documentos do século XVIII inéditos en náhuatl.
  • Amazon: a través de Amazon Kindle tamén podes acceder a centenares de títulos gratuítos para descargar ao seu dispositivo.
  • Hundred Zero: portal que recompila todos os libros gratuítos de Amazon.
  • Planeta Libro: biblioteca virtual con máis de 9.000 títulos en dominio público para ler na nube ou descargar.

>> Visita a web da Biblioteca Municipal do Porriño <<


Biblioteca Municipal do PorriñoCabecera-web-ecultura.png