Teatro: A louca historia de Galicia

| Sábado 2 de agosto. 2025
| Ás 22:00 h
Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Teatro: A louca historia de Galicia

Un espectáculo de teatro da compañía Fulano, Mengano e Citano
Cultura no Camiño 25. Xunta de Galicia e AGADIC


A louca historia de Galicia é un percorrido en clave de humor a través da nosa historia.

A louca historia de Galicia lévanos por todos eses períodos de luz e de sombras, ás veces de apagón total, que fixeron de nós o que hoxe somos.

A louca historia de Galicia é un paseo polas orixes, costumes e tradicións desta terra de bispos e reis, nobres e servos, heroes e tiranos, situada entre a fin do mundo e o norte de Portugal.

A louca historia de Galicia como se di sempre nunha sinopse que se prece “móstranos uns personaxes na procura da súa identidade”, a diferenza está en que desta vez… Por fin é certo!.

A louca historia de Galicia: A única obra do teatro galego, que crece cada ano.



Cabecera-web-ecultura.png