Teatro: A Rúa do Inferno

| 09 de xuño. 2017
| Ás 20:30 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Aforo limitado

Teatro: A Rúa do Inferno

Un espectáculo da compañía Axouxere Teatro. Circuito Galego de Teatro Amador.

Tres mulleres, as tres empregadas dun supermercado nun barrio de Sevilla e nunha rúa, a do Inferno, que é como chaman á zona onde aparcan as atraccións de feira cando toca festa na cidade andaluza.

O grupo afeccionado Axóuxere adapta ao galego a obra “A rúa do Inferno”, de Antonio Onetti, para introducirse na comedia e nun tempo actual onde as protagonistas competirán entre elas para facerse co premio dun concurso de baile de sevillanas valorado en 6.000 euros. O certame ten como condición que os candidatos se presenten en parella.

O Circuíto Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, chega ao Porriño coas representacións impulsadas por compañías de afeizoados os días 9, 10, 11, 16 e 17 de xuño, no Centro Cultural Municipal, ás 20:30 horas.

Máis info sobre Axouxere Teatro no seu blogue » ligazón externa
Máis info sobre Axouxere Teatro no seu perfil de Facebook » ligazón externa

Axouxere Teatro


Circuíto Galego de Teatro Amador


Cabecera-web-ecultura.png