| Xoves 20 de setembro. 2018
| Ás 20:00 h.
| Carpa do Roxy » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata compretar aforo
| Patrocina: Deputación de Pontevedra
Espectáculo teatral a cargo de A Panadaría.
Elisa e Marcela é unha coprodución d’A Panadaría co Centro Dramático Galego.
A compañía continúa coa súa liña de creación, baseada no humor, a música e o traballo de actriz. Ademais, mantén o seu compromiso coa igualdade, formando un equipo íntegro de mulleres.
O 8 de xuño de 1901 dúas mulleres, Elisa e Marcela, casan na igrexa de San Xurxo na Coruña. Para conseguir enganar ao cura e facer oficial o seu amor, Elisa transfórmase en Mario. A voda e os posteriores sucesos que envolven a súa historia convértenas no primeiro matrimonio homosexual do que temos constancia en todo o estado mais tamén nunhas das mulleres máis transgresoras da historia de Galicia. Elisa e Marcela son un símbolo do desafío ás regras do binomio de xénero e da defensa dos dereitos das parellas lésbicas.