| Venres 28 de outubro. 2022
| Ás 20:00 h.
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Cía. Allegro Teatro. Ciclo de Teatro FeteaGal
“Año 0 Antes de Cristo” é unha obra de teatro en clave de humor inglés ao estilo de Monty Python.
Carlos Canas e Suso Marnu dan vida a 25 personaxes: romanos, ángeles, Reis Magos, pastores, Herodes, por suposto María e José …. E os dous personaxes centrais da obra de teatro que son Savín de Molinos e Simón Coes.
A historia arrinca desde que se coñecen José e María, como se desenvolve a súa relación. Los ángeles anuncian que María está embarazada (isto a José non lle fai moita graza). Por culpa do censo romano téñense que ir de Nazaret a Belén e finaliza co nacemento do neno. Todo tratado con sumo respecto, pero con moito humor.
O humor polo absurdo é a base da posta en escena e do traballo interpretativo. O peso da función recae nas situacións cómicas dunha historia tan coñecida. Tamén no que transmiten, na intensidade dos personaxes centrais, nos xestos, nas miradas…
Os actores fan participar ao público en varios momentos da obra, creando un clima metateatral (teatro dentro do teatro).