| Domingo 11 de outubro. 2026
| Ás 19:00 h
| Centro Cultural de Pontellas » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Un espectáculo da compañía Disfunción Continua Teatro
Ciclo de teatro Fegateatro, Federación Galega de Teatro Afeccionado
Pippi, Wendy, Heidi e Mary Poppins agardan na residencia “Felices para sempre” a ser desafiuzadas polo malvado doutor Grimm.
A repentina morte da súa amiga Carapuchiña Vermella fará que as nosas catro heroínas teñan que levar a cabo o plan máis absurdo e inconcibible posible para poder quedar na súa querida residencia para maiores… pero un plan levado a cabo por catro tolas pode ser máis imprevisible do que calquera de nós pode imaxinar.


