Teatro: Ás portas

| 10 de xuño. 2017
| Ás 20:30 h.
Centro Cultural Municipal do Porriño » ver mapa
| Aforo limitado

Teatro: Ás portas

Un espectáculo da compañía Paso de Valverde. Circuito Galego de Teatro Amador.

As portas, esas temibles e amadas fronteiras que traen e levan á xente do noso carón, sen sabermos se estaremos mellor despois de abrilas. En Ás Portas, serán as encargadas de traer novas de outros lares, onde caen as bombas e o irmán de Ana e María loita polo país.

Esta é una historia de guerra, de lembranzas, de esperanza e de cambio. É unha historia que move, empurra e acompaña ás dúas protagonistas cara un novo mundo. Cando o perdes todo, só podes resignarte ou loitar.

O Circuíto Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado, chega ao Porriño coas representacións impulsadas por compañías de afeizoados os días 9, 10, 11, 16 e 17 de xuño, no Centro Cultural Municipal, ás 20:30 horas.

Máis info sobre Paso de Valverde no seu blogue » ligazón externa
Máis info sobre Paso de Valverde no seu perfil de Facebook » ligazón externa


Circuíto Galego de Teatro Amador


Cabecera-web-ecultura.png