| Xoves 28 de setembro. 2023
| Ás 20:30 h
| Praza de San Sebastián » ver mapa
Un espectáculo de Fontevella Teatro, baixo a dirección de Chelo Pampillón
Esta historia ten lugar no Val do Umia…
Cada primeiro de xuño dende fai xa moitos anos, reúnense no devandito balneario un pintoresco grupo de persoas a pasar todo o mes.
Algunhas personaxes do grupo son familia, outros amigos ou simplemente reúnense a pasar as súas “vacacións”.
Seguiremos os amores, desamores, acordos e desacordos do grupo durante un día… ou máis.