Teatro: “Balneario A Condesiña”

| Venres 30 de xuño. 2023
| Ás 21:30 h
Centro Cultural A Forna de Budiño » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Teatro: "Balneario A Condesiña"

Un espectáculo de Fontevella Teatro, baixo a dirección de Chelo Pampillón | Plan Cultural Escénico 2023


Esta historia ten lugar no Val do Umia…

Cada primeiro de xuño dende fai xa moitos anos, reúnense no devandito balneario un pintoresco grupo de persoas a pasar todo o mes.

Algunhas personaxes do grupo son familia, outros amigos ou simplemente reúnense a pasar as súas “vacacións”.

Seguiremos os amores, desamores, acordos e desacordos do grupo durante un día… ou máis.

Teatro: Balneario a condesiña. Concello do Porriño


Imaxe web ecultura.net