| Sábado 20 de agosto. 2022
| Ás 21:00 h
| Asociación Cultural As Mimosas de Carracido » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas
Cía Que2. Plan Cultural Escénico
Cachosdesqueches é un espéctaculo formado por catro sketches humorísticos que nos levan a diferentes situacións cotidiáns (ou non), introducidos por dúas personaxes que simulan (ou non) ser o persoal técnico da compañía.
É un espectáculo pensado para todo tipo de locais que queiran amenizar as comidas, copas, eventos, etc ou simplemente, facer algo diferente. A súa duración aproximada é de unha hora, cun descanso de dez minutos despois do segundo sketch.
Está destinado, sobre todo, a un público adulto.