Teatro: “Carteiro en bibicleta”

| Luns 16 maio. 2022
| Ás 19:30 h
| Centro Cultural Municipal » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Teatro: Carteiro en bibicleta. Concello do Porriño

Un espectáculo da compañía A trastenda dos contos


Neste espectáculo Caxoto convértese nun peculiar carteiro que nos falará do seu xogo favorito: soñar cos ollos abertos. Soñando cos ollos abertos pódese viaxar a mundos lonxanos ós que non se pode chegar doutra maneira.

Da súa man viaxaremos ó Mundo de Papel. Nel chove confeti, a roupa está feita de papel, as árbores teñen follas Din A4 e en vez de froita dan libros!

Neste mundo as rúas teñen nomes de escritoras e escritores galegos. Desta maneira pasearemos por cada unha das súas rúas na compaña dalgúns dos seus textos máis coñecidos.


A trastenda dos contos

Caxoto é a persoa que se atopa tralo mostrador da trastenda. Nace no 1979 e dende sempre estivo ligado aos espazos escénicos ben a través do teatro, do baile tradicional ou da música. De carácter inquieto e xoguetón nunca faltará unha idea atolada na súa cabeza, unha mirada pícara e curiosa e unha argallada agromando nos seus beizos. Decide estudiar para ser Mestre na cidade de Lugo pero axiña se dá conta que prefire explorar outros campos como as artes escénicas, a educación non formal (ocio e tempo libre), o eido do social,… rematando co tempo por conxugalo todo na súa traxectoria como narrador oral.

En canto á súa traxectoria, Caxoto ten percorrido varias veces toda o territorio galego e asistido a algún dos festivais de narración oral máis relevantes da nosa xeografía.

  • Festival EVA -En Veu Alta (Cataluña)
  • Festival Contando Cuentos (Salamanca)
  • MIT (Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia)
  • La senda del cuento (Toledo)
  • Maratón de centos de una noche de verano (Chapinería)
  • Maratón de los cuentos Guadalajara (sección Inauditos)
  • Festival “Falando a Boca Chea” (A Coruña)
  • Festival Núbebes (Pontevedra)
  • Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT)
  • Festival Atlántica (Santiago de Compostela)
  • Festival EVA- Era Uma vez no Atlántico (Madeira-Portugal)


Teatro: Carteiro en bibicleta. Concello do Porriño


Cabecera-web-ecultura.png