Teatro: Crisálidas

| Sábado 9 de maio. 2026
| Ás 20:30 h
| Asociación Cultural Os Penediños de Atios » ver mapa
| Entrada libre e de balde ata completar prazas

Teatro: Crisálidas

Un espectáculo da compañía Atrezo Teatro


O sábado 9 de maio ás 20:30 h, Atrezo Teatro representa a obra teatral “Crisálidas”, na Asociación Cultural Os Penediños de Atios. Unha obra que promete remover conciencias a través de catro pezas cargadas de mensaxe e emoción.

Voces no silencio: xa é hora de que a culpa vaia do lado dos culpables.
Camila e a súa conciencia: nunca perdamos o poder de decidir.
Uff… unha experiencia relixiosa: a túa liberdade remata cando comeza a miña.
O abrigo de pel de martas: cando vivimos nunha mentira…



Teatro: Crisálidas