| Martes 28 de decembro. 2021
| Ás 18:00 h.
| Auditorio do Centro Cultural Municipal » ver mapa
Un espectáculo da compañía Fantoches Baj
O castiñeiro do Apalpador é un espectáculo de monicreques e teatro baseado na lenda do Apalpador. Un ser fantástico e xigante, carboeiro de profesión, que cada ano baixa das montañas para apalparlle as barriguiñas ás nenas e nenos.
Un espectáculo orixinal e divertido que, da man do titiriteiro Ignacio Vilariño de Fantoches Baj, ofrécelle ás familias unha experiencia inesquecible para este Nadal.
O espectáculo foi seleccionado para formar parte dunha xira da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia o pasado Nadal, e deixou moitas barriguiñas e corazóns contentos.