| 18 de agosto. 2017
| Ás 20:00 h.
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa
Un espectáculo da compañía Inventi Teatro. Para o colectivo familiar.
Un explosivo espectáculo de teatro de rúa onde maiores e pequenos poderán probar de primeira man os “efectivos” produtos do Doutor Milagre.
Non ten pelo? Alopecia? Síntese débil e decaido? Sen apetito… de ningún tipo? Probe os produtos do Doutor Milagre. Espumosos champús, elixires revitalizantes, esfoliantes cremas ou inxeccións máxicas…
Próximamente a vila encherase de diversión e alegría coa chegada do Expresso do Doutor Milagre.
Agobiado polas débedas e impulsado por unha necesidade imperiosa de facer fortuna, este atolado medico/inventor toma unha arriscada decisión: facerse con un autobús abandonado para convertelo nun autentico show de venda ambulante. Para esta aventura estará acompañado do seu fiel axudante, o pequeno Miñoca e a exhuberante Madame Bobarí.
Música, improvisación, xogo, baile, diversión, comedia, maxia e moito máis neste delirante espectáculo de rúa.
“A tropa do doutor milagre” é toda unha metáfora do que eran hai moitos anos os titiriteiros ambulantes, cargados de labia e de cachivaches inservibles. Unha visión da vida a través da escena. Espectáculo na rúa. Puro teatro.
O vehículo é quizáis o máis novidoso da representación. É o fío condutor. Lévano dun lugar a outro nun guindastre, pero agardan trasladarse pronto nel. A súa ilusión pode cos atrancos.