| Domingo 14 de decembro. 2025
| Ás 17:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Compañía: Títeres Alakrán
Unha pequena pita cun soño pode facer moitas cousas: salto de lonxitude, bailar claqué… pero, sobre todo, pode conseguir o máis importante: mudar as normas do galiñeiro!
Títeres Alakrán adapta ao teatro de títeres a premiada e orixinal historia de Marta Lado editada por Baía Edicións (obra gañadora do III Premio Fina Casalderrey de Literatura Infantil pola Igualdade 2021), que anima a cuestionarse dun xeito divertido os esquemas sexistas dominantes.
Títeres Alakrán
Títeres Alakrán nace no ano 2003 a cargo do titiriteiro, actor e escultor Borja Insua. Constructor e manipulador de monicreques, Borja Insua desenvolve en Títeres Alakrán espectáculos propios que abranguen distintas técnicas (luva, barilla, sombras chinesas, fíos) e xéneros, tanto para nenos coma para adultos.

