Teatro de títeres: Circ-Cabaret Armando Rissotto

ACTUALIZACIÓN: Nova incorporación ao programa

| Domingo 13 de setembro. 2026
| Ás 19:00 h
| Praza Arquitecto Antonio Palacios » ver mapa

Teatro de títeres: Circ-Cabaret Armando Rissotto

Un espectáculo da compañía Txo Titelles


Desfile de personaxes entrañables, hilarantes, enigmáticos… dispostos a dalo todo para mostrar as súas habilidades e destrezas.

Armando Rissotto é o director dun circo “feito á antiga”: é el quen segue encargándose de todo, a pesar da súa vellez…

Pola pista van actuando os personaxes máis sorprendentes, hilarantes e enigmáticos que vos poidades imaxinar. A diversión está servida.

Un circo, coa súa pista, o seu pano de veludo vermello, os seus banderines…
Un velliño entra tarareando, varre un pouco mentres espera a que chegue a hora de empezar o espectáculo. Dáse conta de que vai tarde e precipitadamente fai a presentación.

A partir de aquí desfilan pola pista do circo un monociclista, un cantautor e guitarrista, un saxofonista, un mago e unha gran diva.

Os artistas van aparecendo coa intención de dalo todo e máis. Cada número acabará sendo unha sorpresa para o público.

Os personaxes son monicreques de mediana altura que camiñan, corren, saltan, cantan e actúan pola pista demostrando as súas habilidades.
Unha voz en off vai presentando os artistas da pista, solemnemente á vez que cómica.

O único titiritero manipula a vista, sen ser visto, e só algunha chiscadela inesperada, déixanolo ver.


Teatro de títeres: Circ-Cabaret Armando Rissotto


Txo Titelles

Txo Titelles nace o ano 1995 da man de Nartxi Azcargorta (Taun-Taun 1987-1995) Ao ano seguinte engádeselle Esther Cabacés (Tanxarina 1982-1986 e Zootrop 1988-1996).

A unión de dúas titiriteros con longo percorrido profesional, fusiona a poesía, os dispositivos e mecanismos dun, e a plástica, creatividade e mirada naÏf da outra, dando un selo propio á compañía.

O seu primeiro espectáculo xuntos “Alé, Hop, caperucita… y el lobo?” é a confirmación deste fantástico combinado, e premiado en varios festivais, propulsa a nova compañía.

Desde entón, as súas creacións foron múltiples e moi variadas: para un só espectador, itinerantes, circo e variedades, espectáculos para bebés, para público familiar, sen palabras… En todos e cada un deles dando sempre o protagonismo aos monicreques, sendo a manipulación coidada e virtuosa, alén dos enxeños e artefactos, a que mantén a pátina inicial da compañía.

Ao longo dos anos contamos con distintos colaboradores: o músico e compositor Xabi Labaien, o saxofonista Iñaki Arnal, o técnico e músico Ignasi Pujol, e a actriz, pallasa e titiritera Mireia Peña. E máis recentemente, as actrices/titiriteras Rut Girona, Noa Azcargorta e Núria Adan.