Teatro: Dous no Camiño

| Domingo 13 de xuño. 2021
| Ás 19:30 h.
Centro Cultural Os Penediños de Atios » ver mapa

Teatro: Dous no Camiño

Incluído no programa “A Cultura viaxa ás parroquias”. Con Isabel Risco e Fran Rei, dirixida por Avelino González

Dous no camiño é un divertido e sinxelo achegamento ás lendas xacobeas, facendo especial fincapé nas raíces galegas das mesmas. O apostol, os seus emisarios, a raíña lupa e todos os personaxes das lendas desde unha nova visión.

Dirixida por Avelino González, a partir de textos de Roi Vidal e Xurxo Barcala, e cos cómicos Fran Rei e Isabel Risco á fronte, Dous no Camiño foi creada especificamente para a programación do Xacobeo Vive o Camiño 2017.

Nesta montaxe, dirixida a todos os públicos e cunha posta en escena moi sinxela, revísanse tres das lendas xacobeas máis populares: a de Roldán, o cabaleiro francés, a da barca de pedra de Muxía e a traslatio do Apóstolo Santiago a Compostela. Sempre en ton cómico, mais mantendo a esencia destas historias máxicas e con total respecto, Dous no Camiño pretende ser un divertido e sinxelo achegamento ás lendas xacobeas, facendo especial
fincapé nas raíces galegas das mesmas.

Ao longo dos 70 minutos de espectáculo, Isabel Risco e Fran Rei, de inicio unha peregrina e un peregrino de personalidades ben distintas e que se atopan accidentalmente nun punto do camiño, vanse transformando en tod@s @s personaxes que protagonizan estas lendas: o cabaleiro Roldán, as irmás mouras, o Apóstolo Santiago, a Raíña Lupa e, moi especialmente, Teodoro e Atanasio, aloucados e divertidos discípulos do Apóstolo.

En resumo, dous cómicos ao servizo dun espectáculo cómico ao redor das lendas xacobeas para gozar dunhas historias marabillosamente incribles.


Ficha artística

Autores: Roi Vidal e Xurxo Barcala
Elenco: Fran Rei e Isabel Risco
Dirección: Avelino González
Responsable técnico: David Rodríguez
Vestiario: Ana Barbeito e Isabel Risco
Xénero: comedia
Duración: 70 minutos
Público: todos os públicos
Produción e distribución: Culturactiva S. Coop. Galega


Teatro: Dous no Camiño

Teatro: Dous no Camiño


A cultura viaxa ás parroquias. Xuño


Cabecera-web-ecultura.png