| Venres 17 de setembro. 2021
| Ás 20:00 h.
| Aforo limitado con inscrición
| Círculo Recreativo e Cultural » ver mapa
Un Espectáculo da Compañía A Panadaría.
Colabora: Concello do Porriño.
Admisión en aberto para todo o público, con aforo limitado. Inscricións na conserxería do CRC ou no teléfono 986332678.
Elisa e Marcela é unha historia de amor a contratempo.
Ano 1901, A Coruña. Dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo, unha delas vestida de home. Unha historia de persecucións policiais, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas.
As cómicas de A Panadaría presentan unha reconstrución irreverente dun suceso real. Unha comedia musical onde o verídico parece invento.
A compañía continúa coa súa liña de creación, baseada no humor, a música e o traballo de actriz. Ademais, mantén o seu compromiso coa igualdade, formando un equipo íntegro de mulleres.