| Venres 12 de agosto. 2022
| Ás 23:00 h.
| Praza da urbanización El Sol » ver mapa
Cía. Metátese Teatro. Ciclo de Teatro FeteaGal
Un grupo de mulleres e homes que desexa regresar ao rural decide asistir a unha academia onde imparten clases maxistrais sobre os labores no campo. Estáblecerase, deste xeito, ao longo de oito escenas, en clave cómica e satírica unha comparación entre o universo da aldea galega e o Vello Oeste Americano.
Escola de vaqueiras/-os amosa, polo tanto, un sorprendente universo teatral no que se combinan reflexións sobre a vida nas aldeas no presente e no pasado, sobre os conflitos familiares, a música de raíz, a loita pola igualdade de xénero, as liortas entre veciños polos marcos das fincas… con doses elevadas de humor, retranca e ocorrencias enxeñosas.
Un divertido xogo onde a imaxinación xoga un papel chave, un alegato emotivo das inquedanzas dun mundo primixenio que reterá a ollada curiosa durante o espectáculo e unha reivindicación do teatro como luz, movemento, son, música, ritmo, emoción, poesía…