| Luns 27 de setembro. 2021
| Ás 19:00 h.
| Carpa do Roxy » ver mapa
| Aforo limitado
Un Espectáculo da Compañía Aporía Escénica. Incluído na programación das Festas do Cristo 2021.
Lembra que ti tamén tes alma de animal
A partires desta idea esencial, establécese un reencontro cos animais como seres vivos únicos, sabios e inocentes dos que temos moito que aprender de establecermos unha relación equilibrada e orgánica, afastada da consideración de obxectos da nosa propiedade.
Animal sagrado, procura traer á actualidade ese amor profundo e respecto pola vida a través da historia de tres animais considerados máxicos e sagrados en distintas culturas: O gato en Exipto, o elefante en África e os peixes Koi en xapón.
Esta proposta ecoloxista pretende establecer un nexo de unión entre a historia pasada e a historia presente, trazando un arco que transite desde o cercano e cotián ata lonxano e exótico; desde realidades concretas ás que temos acceso, como a problemática dos gatos negros nos refuxios de animais e a caza masiva de elefantes, ata as lendas milenarias de xapón e a cultura do Antigo Exipto.
Aporía Escénica é unha compañía de Diana Mera centrada nos espectáculos de creación, que pretende explorar o universo da muller, a ecoloxía e a comunidade, así como desenvolver a súa propia linguaxe artística por medio da hibridación de tipoloxías escénicas que favorezan a potencia plástica dos corpos e os obxectos, empregando o xogo e o humor, sen esquecer a palabra e a poesía.