Teatro familiar “Rosalía”

| Domingo 26 de decembro. 2021
| Ás 18:00 h
Auditorio do Centro Cultural Municipal » ver mapa

Teatro familiar "Rosalía"

Un espectáculo da compañía Sarabela. Promovido pola Rede de Dinamización Lingüística


No marco do programa Nadal en Rede, da Rede de Dinamización Lingüística (RDL), no que colabora o Concello do Porriño, a compañía Sarabela representará a peza Rosalía.

Esta obra de teatro de muller trata sobre a infancia da autora de Cantares gallegos e foi pensada para nenas e nenos de 6 a 12 anos e para as súas familias. Dirixe a peza a actriz e directora Fina Calleja, ligada á premiada compañía Sarabela e responsable de moitas das súas montaxes infantís e xuvenís. Dúas actrices forman o reparto, Rocío González e Cristina Collazo, as dúas imprescindibles nos últimos anos nos escenarios máis variados e nas pantallas da televisión e do cine de Galicia.

O programa Nadal en Rede está destinado a promover o uso do galego no lecer destas datas festivas e tamén a galeguizar a súa celebración e os motivos típicos do Nadal.


Teatro familiar "Rosalía"


Cabecera-web-ecultura.png